sábado, 14 de abril de 2012

Supoño que a decisión era fácil...


Supoño que a decisión era fácil, posto que supostamente xa fora tomada con antelación.
Encontrábame andando por un camiño complicado de pasar sen rasguñarse coas silvas abandoadas polas beiras. Era un camiño visualmente fermoso. Creo que lle alcuman “A Vida”.
Alviscaba ao fondo a inevitable bifurcación do camiño. Movía os pés de forma automática, e ainda que non podía chamalos compañeiros, un tras o outro facíanme andar. Comezaban a inquedarme, formas, sombras, unha capa do ceo da noite parecía caer sobre o camiño de meu... Conforme me acercaba, via os dous camiños que se abrían ante min. Un aparentaba murcho, sen vida, sen nin sequera silvas, o outro, pola contra, era luminoso, desprendía alegría, ganas de seguir, parecía refuxiarte, darche folgos e quitarche os medos. Posto que xa estaba avisada de que en cada paso, pasaba o tempo, pasaba a vida, non me sorprendeu atoparme alí, fronte a unha decisión. E outra vez comezaba unha pelexa interna, que como calquera outra guerra destrozaba. Pecho os ollos, tapo os oídos, apreto os dentes, engúrrome, sinto medo, oio pasos, empúrranme. Abro de novo os ollos, levántome, miro hacia atrás, intento retroceder, pero ó pasado non se pode volver. Sexa como sexa, doume de conta do que pasou. Ninguén me perseguía, estaba soa. Ninguén me empurrou, era eu mesma que me obrigaba a decidir. Xa está feito, non sabía cal dos dous camiños escollera, pero sempre estivera convencida que cando se presentara a ocasión escollería aquel que me afastara da razón da maioría, collería aquel no que eu decidira, no que os demáis so foran oíntes pasivos da miña historia, na que a protagonista sempre fora eu e na que “ a xente” non decidira o argumento da miña vida. Perdoen o meu egocentrísmo. E sigo camiñando, non sei a donde me dirixo, non me preocupa. Non sei como escollín o lugar no que me atopo, mais... Supoño que a decisión foi fácil, posto que supostamente xa fora tomada con antelación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario